Son o medio por excelencia para difundir a produción científica. A Biblioteca conta cunha importante colección de revistas impresas e electrónicas, estas últimas accesibles a través das plataformas dos distintos editores ou provedores.
Normalmente empregarás as bases de datos para localizar os artigos publicados sobre un tema, pero se necesitas localizar revistas do teu ámbito, podes empregar:


Revistas electrónicas da American Mathematical Society.
Principais revistas de Cambridge University Press sobre ciencias, ciencias sociais e humanidades.
Acceso ao texto completo de libros e revistas académicas e de investigación editados por Oxford University Press en conxunto con sociedades científicas de alto prestixio internacional.
Outras guías e titoriais: Buscar en Oxford Academic e videotitorial.
Revistas da Society for Industrial and Applied Mathematics.
Portal de acceso ás revistas das editoriais Taylor & Francis, Routledge e Dove Medical Press ás que está subscrita a Universidade de Vigo.
Plataforma de acceso ao texto completo de libros, revistas electrónicas e obras de referencia da editorial Wiley subscritas pola Universidade de Vigo.