Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Portal da investigación da Universidade de Vigo

O espazo persoal do investigador/a

O persoal investigador pode incluír e/ou modificar algúns dos datos persoais que aparecen no portal. Para iso, ten que acceder ao seu perfil premendo na opción "Identíficate", que se atopa na parte superior dereita do portal.

 

portal investigación

A continuación deberá seleccionar a Universidade de Vigo no sistema RedIRIS e introducir os datos de identificación universitaria. O autor/a só poderá acceder e interactuar coa súa páxina do Portal se o correo da súa páxina de autor coincide co correo institucional conectado a RedIRIS. 
Unha vez identificado amósase a opción de editar o perfil, onde poderá engadir ou modificar: a foto, url persoal, texto de presentación, palabras clave que definan a súa investigación e novos identificadores (non eliminar os existentes, xa que os que aparecen están validados pola biblioteca).
Ademais poderá:

  • Descargar o seu CVN completo.
  • Calcular o impacto medio normalizado a partir das publicacións en Scopus.
  • Exportar a súa produción científica en diferentes formatos (toda ou unha selección). Os investigadores co rol de responsable de grupo de investigación poden exportar a produción do seu grupo, e teñen dúas opciones de descarga: só as publicacións ou as publicación cos indicadores.
  • Engadir novas publicacións que bote en falta no seu perfil.
  • Ocultar rexistros das súas publicacións. Non se amosaran esas publicacións no seu perfil, pero seguirán no portal e sairán na descarga de datos. 

Neste video do portal da Universidade da Rioja amósase como acceder ao perfil e como realizar as descargas dispoñibles.