Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Portal da investigación da Universidade de Vigo

Grupos

Reúne información sobre a actividade investigadora dos grupos de investigación. Están organizados por departamentos, centros de investigación, Centros de investigación interuniversitarios, Institutos e campus.  
Para buscar un grupo de investigación podemos introducir o nome do grupo na caixa de busca ou navegar a través dos departamentos, centros de investigación, centros de investigación interuniversitarios, institutos ou campus.

De cada grupo ofrécese a seguinte información:

  • Detalle: data de constitución do grupo, responsable, centro, departamento, investigadores que forman parte etc.
  • Liñas de investigación.
  • Oferta científica.
  • Proxectos vixentes e finalizados nos que participa algún membro de grupo
  • Publicacións nas que participa algún membro do grupo.
  • Colaboración: persoal investigador e centros de investigación cos que colaboran os membros do grupo.
  • Teses dirixidas por algún membro do grupo.
  • Patentes de investigación.
  • Indicadores bibliométricos globais correspondentes á produción científica do grupo que permiten avaliar a calidade das publicacións.

grupo portal investigación