Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Química

Guía de recursos de química

Bases de datos

As bases de datos son potentes ferramentas para a investigación, empréganse para obter información académica sobre un tema. A biblioteca selecciona e subscribe bases de datos de interese para o teu ámbito de estudo, tanto de carácter multidisciplinar como especializadas.

Algunhas bases de datos permiten acceder directamente ao texto completo das publicacións; cando non é así, podes comprobar se a Biblioteca Universitaria ofrece acceso ao texto completo premendo no botón  Botón Buscador Perseo

 

Botón de Perseo na Web of Science

Imaxe: Rexistro bibliográfico co botón de Perseo na base de datos Web of Science

Bases multidisciplinares

As bases de datos multidisciplinares son aquelas que abranguen varias disciplinas científicas, entre as máis importantes están:

Bases especializadas

As bases de datos especializadas recollen publicacións sobre unha área cientifica determinada, e a miúdo dispoñen dun tesauro.
Estas son as bases de datos máis destacadas no ámbito da química:

Base de datos de vídeos científicos

Recursos electrónicos A-Z

Podes obter máis información sobre as bases de datos ás que tes acceso consultando a listaxe de Recursos electrónicos A-Z.