Son o medio por excelencia para difundir a produción científica. A Biblioteca conta cunha importante colección de revistas impresas e electrónicas, estas últimas accesibles a través das plataformas dos distintos editores ou provedores.
Normalmente empregarás as bases de datos para localizar os artigos publicados sobre un tema, pero se necesitas localizar revistas do teu ámbito, podes empregar:


Revistas e actas de congresos editadas polo American Institute of Physics.
Revistas editadas pola Royal Society of Chemistry que abarcan as ciencias químicas e campos afíns coma bioloxía, enxeñería, medicina, física etc.
Plataforma de acceso ao texto completo de libros, revistas electrónicas e obras de referencia da editorial Wiley subscritas pola Universidade de Vigo.