Igual que no caso dos libros impresos temos dúas opcións de procura, a simple e a avanzada. Lembra que a busca avanzada é a indicada para realizar buscas máis precisas.
Introduce os termos na caixa de busca e escolle a opción "Recursos electrónicos”.

A continuación na páxina de resultados filtra por "Tipo de recurso" e selecciona "Libros".

Como no caso dos libros impresos a busca avanzada permite filtrar por autor, tema, título etc. Para facer unha busca de libros electrónicos selecciona a opción “Recursos electrónicos” e filtra por "Libros".


Tamén podes consultar os libros electrónicos subscritos pola Biblioteca a través das plataformas ou webs dos provedores e editores. Nelas podes ler en liña ou descargar unha parte ou a totalidade do libro, dependendo das condicións de uso.
Para ver todas as coleccións consulta a listaxe de Recursos electrónicos A-Z e filtra en "Tipos" por Libros electrónicos (coleccións).
No ámbito do traballo social destacamos as seguintes coleccións:
Colección temática multidisciplinar de libros electrónicos publicados por diferentes editoriais.
Plataforma de libros académicos en español de diferentes editoriais e con carácter multidisciplinar.
Portal de revistas e libros electrónicos de Elsevier.
Outras guías e titoriais: vídeos