Portal da editorial Aranzadi que contén todo tipo de documentación xurídica: lexislación, xurisprudencia, documentación administrativa, convenios colectivos, formularios etc.
No caso da lexislación estatal proporciona o texto completo de todas as disposicións de carácter xeral publicadas no BOE dende 1978 e as máis relevantes dende 1930 (algunhas coa versión consolidada). Ademais, toda a lexislación autonómica desde os inicios.
Na xurisprudencia recolle todas as sentenzas do Tribunal Constitucional e do Tribunal Supremo dende 1979 e dende 2001 da Audiencia Nacional, Tribunais Superiores de Xustiza e Audiencias Provinciais, e unha selección dos anos anteriores e dos Tribunais de Primeira Instancia. Tamén recolle a xurisprudencia actual do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas.
Notas:
Portal xurídico da Unión Europea que permite consultar o Diario Oficial da Unión Europea así como acordos internacionais, lexislación e traballos preparatorios, xurisprudencia, documentos da Asociación Europea de Libre Comercio (AELC) etc.