Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Biblioguía de citas no estilo IEEE

Elaboración de referencias bibliográficas: pautas xerais

A forma de redactar as referencias bibliográficas varía segundo o tipo de documento. Non obstante, todas as referencias constan destes tres elementos principais: autor, título e datos de publicación. 


Autor

  • Ponse comezando coas iniciais do nome seguidas dos apelidos.
  • Varios autores: sepáranse con coma e antes do último ponse a conxunción “e”/ "y" / “and” segundo a lingua na que redactemos o traballo. 
  • Máis de 6 autore: ponse só o primeiro autor/a seguido de et al. 

Exemplos:

B. Klaus e P. Horn
R. Fardel, M. Nagel, F. Nuesch, T. Lippert e A. Wokaun
M. Ito et al.

 

Título

  • Os títulos dos artigos de revistas, capítulos de libros, informes, traballos presentados a congresos publicados etc., van entre comiñas e co texto en minúsculas, agás a primeira letra do título e o que indiquen as normas ortográficas da lingua na que se escriba.
  • Os títulos de libros, revistas ou conferencia escríbense en cursiva, coa primeira letra de cada palabra importante do título en maiúscula.

Exemplos:

"Fiber-optic frequency shifter using a surface acoustic wave incident at an oblique angle"

Microwave Tonography: Global Optimization, Parallelization and Performace Evaluation


Datos de publicación

Segundo o tipo de documento incluiremos a información que corresponda da seguinte:

  • Lugar de publicación
  • Nome do editor
  • Volume, número, páxinas
  • Data
  • Nos documentos electrónicos engadirase información sobre a data de acceso, DOI ou URL. Se unha referencia contén un DOI ou data de acceso e tamén unha URL, colócase primeiro o DOI ou a data de acceso e a URL ao final. No caso de que a referencia sexa da versión impresa pero teña unha URL, pódese poñer tamén ao final da referencia.

Exemplos:

New York, NY, USA: Wiley, 1994

vol.11, nº 2. pp. 115-117, Feb. 1986. [En liña]. Dispoñible en: http://ol.osa.org/abstract.cfm?URI=ol-11-2-115

New York, NY, USA: Springer, 2014. [En liña]. Dispoñible en: http://link.springer.com/book/10.1007%2F978-1-4939-0752-6


Nota:
Os datos para a elaboración das referencias bibliográficas obteranse principalmente dos documentos aos que se refiren e transcríbense na forma e idioma no que aparecen, pero tendo en conta que algúns elementos podemos adaptalos á lingua empregada na redacción do noso traballo.
Nesta guía os exemplos están adaptados ao galego, pero se o noso traballo está redactado en inglés, faremos os seguintes cambios:

  • Nos títulos de artigos de revistas, capítulos de libros etc., que van entre comiñas a coma precederá ao peche das comiñas.
  • Na abreviatura que precede ao número das revistas poñerase no.  
  • As datas completas indicaranse coa estrutura Month abrev. Day, Year.
  • En liña = Online
  • Dispoñible en = Available
  • Consultado = Accessed
  • Presentado en = Presented at