As bases de datos son potentes ferramentas para a investigación, empréganse para obter información académica sobre un tema. A biblioteca selecciona e subscribe bases de datos de interese para o teu ámbito de estudo, tanto de carácter multidisciplinar como especializadas.
Algunhas bases de datos permiten acceder directamente ao texto completo das publicacións, cando non é así, podes comprobar se a Biblioteca Universitaria ofrece acceso ao texto completo premendo no botón 

Imaxe: Rexistro bibliográfico co botón de Perseo na base de datos Web of Science
Recompila literatura científica hispana: artigos de revistas, teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos. Céntrase principalmente nos ámbitos das ciencias humanas, xurídicas e sociais.
Indexa diversos tipos de documentos (artigos, capítulos, actas de congresos, patentes etc.) de todas as disciplinas científicas, cunha cobertura xeográfica moi ampla. Ademais, proporciona métricas derivadas das citas dos documentos polo que se emprega tamén na avaliación da produción científica.
Outras guías e titoriais: videotitorial
Plataforma que da acceso a varias bases de datos bibliográficas multidisciplinares e outros produtos de Clarivate (JCR, Incites etc.).
Base de datos de ciencias do deporte do Institute for Applied Training Science (IAT) de Leipzig. Indexa artigos de publicacións electrónicas, dos que ofrece resumo e ligazóns ao texto completo se procede.
Portal de ciencias do deporte do Bundesinstitut für Sportwissenschaft (BISp). Engloba catro bases de datos que poden consultarse a través dunha única interface ou tamén de forma individual: SPOLIT (literatura), SPOFOR (proxectos), SPOMEDIA (medios audiovisuais) e “Guía de información deportiva” (fontes en Internet).
Base de datos bibliográfica especializada en biomedicina e ciencias da vida producida pola Biblioteca Nacional de Medicina (NLM) dos EEUU.
Podes obter máis información sobre as bases de datos as que tes acceso consultando o A-Z de recursos