Xunto coa colección impresa, a BUV ofrece acceso a libros electrónicos que cobren diferentes disciplinas académicas. Están organizados en coleccións e aloxados nas plataformas de distintos editores e provedores desde as que se pode ler en liña ou ben descargar unha parte ou a totalidade do libro, dependendo das condicións de uso do editor.
Acceso a libros electrónicos de diferentes ámbitos temáticos.
Plataforma de libros académicos en español de diferentes editoriais e con carácter multidisciplinar.
Proporciona acceso a revistas e libros da editorial Springer dunha ampla gama de disciplinas temáticas.