Os estilos bibliográficos son un conxunto de regras que axudan a organizar a información consultada. Definen que datos debes incluír ao citar así como a orde e a tipografía no que aparecerán. A pesar de haber normas internacionais respecto diso, non hai un único estilo adoptado globalmente. Normalmente cada disciplina ten un estilo de cita.
APA é o estilo de normas de citación adoptado pola American Psychological Association, e é o máis empregado no ámbito das Ciencias Sociais. Nesta guía ofrécense unhas pautas baseadas na APA 7ª edición, e para dúbidas ou casuísticas especiais podes consultar o Manual de Publicaciones da American Psychological Association.
Para saber como citar e elaborar bibliografías co estilo APA 7ª ed. consulta a guía elaborada pola Biblioteca Universitaria de Vigo:
Para máis información sobre como citar, elaborar referencias e outros estilos de cita, consulta a biblioguía "Como citar e elaborar referencias bibliográficas".
E lembra, se estás a preparar o teu TFG, TFM ou tese, consulta co teu titor ou director que estilo debes empregar.