O servizo de préstamo interbibliotecario ten uns custos, xa que a maioría das bibliotecas cobran polo envío dos documentos. Estes custos fan que sexa importante axustar as solicitudes aos documentos que realmente se necesiten.
| Tarifas nacionais | Aplicaranse as tarifas REBIUN (Red Española de Bibliotecas Universitarias) ou outras que o centro provedor estableza. |
| Tarifas internacionais | Aplicarase o custo da obtención do documento establecido polo centro provedor. |
Este servizo é gratuíto para o PDI, para o alumnado de doutoramento e para os contratados posdoutorais e de investigación.