Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Préstamo interbibliotecario e acceso ao documento

Guía do servizo de préstamo interbibliotecario e acceso ao documento

Como utilizar o servizo

1. Busca o documento na biblioteca
  • Antes de solicitar calquera documento é moi importante consultar sempre o buscador Perseo para asegurarse de que non estea xa nos fondos da Biblioteca Universitaria. Se está no catálogo, pregunta no mostrador de préstamo de calquera das nosas bibliotecas.
2. Date de alta no formulario
  • Para acceder ao servizo tes que ser usuario da biblioteca universitaria e ter a TUI (Tarxeta universitaria intelixente) ou o carné da Biblioteca.
  • Se é a primeira vez que utilizas este servizo, previamente debes solicitar a alta a través do seguinte formulario.
  • Cando o servizo te dea de alta no programa, recibirás un correo-e de confirmación cunha ligazón, un identificador e un contrasinal para acceder ao formulario de solicitude.
  • Cando esteas dado de alta, dende o “Menú de usuario”, poderás realizar novas peticións, consultar as solicitadas ou cambiar o teu contrasinal.
  • Se esqueces o contrasinal, no formulario de solicitude introduce o correo electrónico e preme en “esquecín o meu contrasinal”.
3. Solicita o documento
  • Accede ao formulario de solicitude co correo electrónico e o contrasinal e introduce os datos do documento que queres solicitar (se solicitas varios artigos dunha revista debes facer unha petición por cada artigo).
  • Indica no campo “Notas” onde desexas consultar os documentos orixinais: na Biblioteca Central da universidade (campus Lagoas-Marcosende), na biblioteca de Torrecedeira ou nas bibliotecas centrais dos campus de Pontevedra e Ourense.
  • En caso de coñecer o DOI ou o nº de identificación de Medline ( PMID), é suficiente con introducilos no campo correspondente e xa non será necesario introducir os demais datos bibliográficos.