Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Préstamo interbibliotecario e acceso ao documento

Guía do servizo de préstamo interbibliotecario e acceso ao documento

Tempo de recepción e consulta de documentos

1. Reproducións

  • Todas as persoas usuarias recibirán as reproducións por correo-e. Cando isto non sexa posible, os membros do PDI recibirán as fotocopias no seu lugar de traballo, e o alumnado e usuarios externos terán que recollelas na biblioteca que indiquen.
  • As reproducións e o uso delas farase de acordo coa lexislación vixente sobre propiedade intelectual e cos acordos internacionais.

2. Consulta de obras orixinais

  • A duración e o tipo de consulta dos documentos dependerá das pautas marcadas polas bibliotecas provedoras.
  • As obras en préstamo pódense consultar na Biblioteca Central (campus Lagoas-Marcosende), na biblioteca de Torrecedeira, e nas bibliotecas centrais dos campus de Pontevedra e Ourense.
  • As obras non poderán saír da biblioteca.
  • Para a consulta na sala debe identificarse coa tarxeta universitaria ou co carné da Biblioteca Universitaria.
  • O tempo de obtención dos documentos varía en función da Biblioteca a que se lle faga a solicitude, a forma de recepción (correo postal, correo-e etc.) e o tipo de documento.