Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Acceso aos recursos-e desde fóra da UVigo

Biblioguía con información e instrucións para acceder aos recursos electrónicos da Biblioteca desde fóra da Universidade de Vigo

Acceso con contrasinal

Algúns recursos electrónicos subscritos pola Biblioteca só permiten o acceso mediante un contrasinal específico; na listaxe de Recursos electrónicos A-Z, estes recursos está identificados coa icona .

Nestes casos, tes que solicitar as claves de acceso nalgunha das nosas bibliotecas, ben por teléfono ou por correo electrónico. Se o solicitas por correo electrónico, cómpre que te identifiques co teu nome completo e dni, para que poidamos comprobar que formas parte da comunidade universitaria.

É moi importante desconectarse antes de pechar a sesión para non bloquear o acceso a outras persoas.