Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Acceso aos recursos-e desde fóra da UVigo

Biblioguía con información e instrucións para acceder aos recursos electrónicos da Biblioteca desde fóra da Universidade de Vigo

Acceso remoto

A consulta dos recursos subscritos pola biblioteca da Universidade de Vigo só está permitida ás persoas que forman parte da comunidade universitaria. Cando realizas a consulta desde un ordenador conectado á rede da universidade, o acceso, na maioría dos casos, é directo, non require ningunha identificación.

Se queres consultar os recursos electrónicos subscritos e non estás fisicamente na Universidade de Vigo, tes que identificarte como membro da comunidade universitaria, usando algún destes sistemas:

  • EZProxy: é o empregado para acceder á maioría dos recursos; require utilizar o sistema de identificación habitual na universidade.
  • Proxy: os datos van a través do proxy da Universidade de Vigo,o que permite acceder aos mesmos contidos que se estiveses no campus.
  • Contrasinal: algúns recursos requiren coñecer un contrasinal de acceso específico, mesmo cando accedes desde a rede da Universidade de Vigo.
  • SIR: servizo de identidade da RedIRIS que se emprega para acceder só a algúns dos recursos.

Nesta guía explicamos os pasos xerais para empregar cada un deles.