Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Acceso aos recursos-e desde fóra da UVigo

Biblioguía con información e instrucións para acceder aos recursos electrónicos da Biblioteca desde fóra da Universidade de Vigo

Acceso vía SIR

Algúns dos recursos electrónicos de subscrición utilizan un sistema de autenticación chamado SIR (Servicio de Identidad de Recursos de RedIris); estes recursos están identificados na listaxe de Recursos electrónicos A-Z coa icona .

Neste momento, o único recurso que necesita utilizar este tipo de colección é SABI.

Instrucións de acceso a SABI

Accede a Sabi desde a listaxe Recursos electrónicos A-Z; na pantalla seguinte, localiza a Universidade de Vigo, ben buscando polo nome ou por comunidade autónoma:


 

Unha vez seleccionada a Universidade de Vigo, preme en "Proceder":

 

Finalmente, tes que identificarte coas túas credenciais habituais da Universidade de Vigo: