As bases de datos bibliográficas son potentes ferramentas para a investigación, xa que describen publicacións científicas como artigos de revistas, libros, actas de congresos etc., e proporcionan información científica contrastada, relevante e actualizada. Ademais, facilitan a localización de información precisa e exhaustiva ao proporcionar eficaces ferramentas de busca.
A biblioteca selecciona e subscribe bases de datos de interese para o teu ámbito de estudo, tanto de carácter multidisciplinar como especializadas.
Algunhas bases de datos permiten acceder directamente ao texto completo das publicacións, cando non é así, podes comprobar se a Biblioteca Universitaria ofrece acceso ao texto completo premendo no botón 

Imaxe: Rexistro bibliográfico co botón de Perseo na base de datos Web of Science
Bases de datos multisdisciplinaria do Consello Superior de Investigacións Científicas que recolle a literatura científica editada en España.
Nota: esta base de datos deixou de actualizarse en decembro de 2022.
As bases de datos multidisciplinares son aquelas que abranguen varias disciplinas científicas, entre as máis importantes están:
Indexa diversos tipos de documentos (artigos, capítulos, actas de congresos, patentes etc.) de todas as disciplinas científicas, cunha cobertura xeográfica moi ampla. Ademais, proporciona métricas derivadas das citas dos documentos polo que se emprega tamén na avaliación da produción científica.
Outras guías e titoriais: videotitorial
Plataforma que da acceso a varias bases de datos bibliográficas multidisciplinares e outros produtos de Clarivate (JCR, Incites etc.).
As bases de datos especializadas recollen publicacións sobre unha área cientifica determinada, e a miúdo dispoñen dun tesauro.
Estas son as bases de datos máis destacadas no ámbito da bioloxía:
Base de datos da FAO que recompila literatura científica mundial sobre agricultura e alimentación incluíndo literatura gris.
Dispón dun tesauro multilingüe: AGROVOC.
Recompila artigos, monografías, actas de congresos, teses e literatura gris relacionadas coas ciencias mariñas, acuicultura e oceanografía.
Colección de bases de datos sobre ciencias da terra, atmosfera e ciencias acuáticas.
Inclúe:
Ofrece información sobre todos os aspectos do impacto humano no medio ambiente.
Plataforma de vídeos científicos para o ensino e a investigación.
Ofrece dúas coleccións:
Máis información: Biblioguía sobre JoVE
Podes obter máis información sobre as bases de datos ás que tes acceso consultando a listaxe de Recursos electrónicos A-Z.