Son o medio por excelencia para difundir a produción científica. A Biblioteca conta cunha importante colección de revistas impresas e electrónicas, estas últimas accesibles a través das plataformas dos distintos editores ou provedores.
Normalmente empregarás as bases de datos para localizar os artigos publicados sobre un tema, pero se necesitas localizar revistas do teu ámbito, podes empregar:


Portal de acceso aberto a publicacións das áreas de medicina e ciencias da vida, enxeñaría etc.
Inclúe revistas destacadas como BMC Biology, BMC Medicine, Genome Biology, Genome Medicine e BMC Global and Public Health, así como revistas especializadas como Journal of Hematology & Oncology etc.
Principais revistas de Cambridge University Press sobre ciencias, ciencias sociais e humanidades.
Revistas editadas pola Royal Society of Chemistry que abarcan as ciencias químicas e campos afíns coma bioloxía, enxeñería, medicina, física etc.
Plataforma da editorial SAGE que inclúe a texto completo revistas de diversas áreas de coñecemento.
Plataforma de acceso ao texto completo de libros, revistas electrónicas e obras de referencia da editorial Wiley subscritas pola Universidade de Vigo.