Igual que no caso dos libros impresos temos dúas opcións de procura, a simple e a avanzada. Lembra que a busca avanzada é a indicada para realizar buscas máis precisas.
Introduce os termos na caixa de busca e escolle a opción "Recursos electrónicos”.

A continuación na páxina de resultados filtra por "Tipo de recurso" e selecciona "Libros".

1. Marca a opción "Recursos electrónicos".
2. Nos filtros de busca escolle o campo (autor, tema, título etc.) e introduce os termos.
3. En "Tipo de materia" selecciona "Libros".


Tamén podes consultar os libros electrónicos subscritos pola Biblioteca a través das plataformas ou webs dos provedores e editores. Nelas podes ler en liña ou descargar unha parte ou a totalidade do libro, dependendo das condicións de uso.
Para ver todas as coleccións consulta a listaxe de Recursos electrónicos A-Z e filtra en "Tipos" por Libros electrónicos (coleccións).
No ámbito da bioloxía destacamos as seguintes coleccións:
Plataforma de libros académicos en español de diferentes editoriais e con carácter multidisciplinar.
Plataforma de acceso aberto que contén sobre todo libros dos ámbitos das ciencias físicas, enxeñaría, tecnoloxía, ciencias da vida e da saúde etc. Todas as publicacións están suxeitas á revisión por pares.