Xunto coa colección impresa, a Biblioteca da Universidade de Vigo ofrece acceso a libros electrónicos que cobren diferentes disciplinas académicas. Están organizados en coleccións e aloxados nas plataformas de distintos editores e provedores desde as que se pode ler en liña ou ben descargar unha parte ou a totalidade do libro, dependendo das condicións de uso do editor.
Colección de libros electrónicos publicados pola editorial Tirant Lo Blanch centrados en ciencias xurídicas, aínda que tamén abarca outras áreas de coñecemento como ciencias sociais, humanidades, literatura, informática, ciencias e medicina.
Portal de acceso ás publicacións de Aranzadi-La Ley subscritas pola biblioteca: revistas e monografías de todas as materias do dereito.
O acceso a Legalteca ten dúas modalidades: por IP e con contrasinal. A información sobre o tipo de acceso figura detallada en cada un dos títulos de revista e monografía no buscador Perseo.
Para as publicacións nas que sexa necesario un contrasinal de acceso, cómpre solicitalo na biblioteca. A solicitude por correo electrónico require o uso do correo institucional (uvigo.gal ou uvigo.es) e identificarse co nome, apelidos e dni. Os códigos de acceso facilitados son de uso persoal e intransferible, polo que non se poden compartir con outras persoas.
É importante desconectarse antes de pechar a sesión para non bloquear o acceso.
Plataforma de libros académicos en español de diferentes editoriais e con carácter multidisciplinar.
Acceso a libros electrónicos de diferentes ámbitos temáticos.
Plataforma que proporciona acceso aos libros electrónicos subscritos e de acceso aberto das editoriais Taylor & Francis e Routledge.
Colección temática multidisciplinar de libros electrónicos publicados por diferentes editoriais.
Colección multidisciplinar de libros e revistas, con acceso ao texto completo dos títulos subscritos pola Universidade de Vigo e a outros gratuítos proporcionados pola editorial.