Os estilos bibliográficos son un conxunto de regras que axudan a organizar a información consultada. Definen que datos debes incluír ao citar, así como a orde e a tipografía na que aparecerán. A pesar de haber normas internacionais respecto diso, non hai un único estilo adoptado globalmente. Normalmente cada disciplina ten un estilo de cita.
No ámbito das ciencias xurídicas en España o método de cita mais usado é o sistema de cita-nota ao pé de páxina, tamén denominado estilo tradicional. Pero ao contrario do que sucede con outros estilos de cita, non existe unha norma escrita que o apoie.
Na “Normativa interna de centro para a elaboración do traballo de fin de Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos” da Facultades de Ciencias Xurídicas e do Traballo (Vigo) e no “Regulamento para elaborar o traballo de fin de grao en dereito” da Facultade de Dereito (Ourense), recóllense as normas de como redactar as citas e referencias das obras consultadas. Se estás a preparar o teu TFG, TFM ou tese, consulta co teu titor ou director que estilo debes empregar.
Para saber como citar e elaborar bibliografías noutros estilos de citas podes consultar a seguinte biblioguía elaborada pola Biblioteca da Universidade de Vigo:
Para citar textos legais e xurisprudencia do ámbito español e europeo podedes consultar os seguintes recursos: Guía temática sobre citas bibliográficas UC3M: Legislación y jurisprudencia. e Citar y elaborar bibliografía: Citar legislación y jurisprudencia (Biblioguía da Universidad de Alcalá)