Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Educación

Guía de recursos de educación

Citas e plaxio

Citar e referenciar é a forma de recoñecer as fontes que empregaches nun traballo académico (libros, artigos de revistas, sitios web etc.).
As citas no texto indican a que fonte te refires, e a lista de referencias ou bibliografía ao final do traballo aporta os detalles completos das fontes para facilitar a súa localización.

As referencias son unha parte importante do traballo académico xa que pon o teu traballo en contexto, demostra a amplitude e profundidade da túa investigación e recoñece o traballo doutras persoas. Pola contra, non citar ou citar incorrectamente considérase unha mala práctica de redacción académica e podería derivar en sancións por plaxio.

Hai diferentes estilos de citas dependendo das disciplinas. Á hora de citar, deberás escoller un estilo de cita, e todas as túas citas e referencias deben coincidir exactamente co estilo que esteas a utilizar. Segue as instrucións sobre puntuación, maiúsculas, cursivas etc., e utiliza o mesmo estilo en todo o traballo.

Se estás a preparar o teu TFG, TFM ou tese, consulta co teu titor/a ou director/a que estilo debes empregar.