Os libros son unha excelente forma de ampliar os teus coñecementos ou comezar a investigar sobre un tema. A Biblioteca conta cunha ampla colección de libros en formato impreso e/ou electrónico.
Para buscar un título concreto, as obras dun autor/a, facer unha busca sobre un tema ou localizar a bibliografía recomendada dunha materia, utiliza o buscador Perseo.
Nos seguintes apartados explicamos como localizar os libros impresos e electrónicos en Perseo.