Son o medio por excelencia para difundir a produción científica. A Biblioteca conta cunha importante colección de revistas impresas e electrónicas, estas últimas accesibles a través das plataformas dos distintos editores ou provedores.
Normalmente empregarás as bases de datos para localizar os artigos publicados sobre un tema, pero se necesitas localizar revistas do teu ámbito, podes empregar:


Acceso á colección de revistas JSTOR Archival Journal and Primary Source, predominantemente do ámbito das humanidades, ciencias sociais e xurídicas.
JSTOR (Journal Storage) é un proxecto que consiste na dixitalización de publicacións periódicas para a súa preservación.