Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Índice H

Índice H en Google Scholar

1. Entra en Google Scholar

2. Realiza unha busca por autor/a, introducindo o nome completo na barra de busca

3. Entra no perfil do autor/a

  • Se o autor/a ten perfil en Google Scholar (e o ten público), verás o seu nome ao principio dos resultados
  • Fai clic nel para acceder ao seu perfil público.

4. Consulta o índice H.  No cadro da dereita aparecen varios datos:

  • Índice h
  • Índice i10 (unha métrica que indica cantas publicacións dun autor foron citadas polo menos 10 veces. Por exemplo, se un investigador ten un índice i10 de 12, significa que ten 12 artigos que recibiron 10 ou máis citas cada un. É unha medida sinxela e exclusiva de Google Scholar, utilizada principalmente como complemento ao índice H para ofrecer unha visión adicional da influencia dun autor no ámbito académico)
  • Citas 

Estas cifras amósanse en dúas columnas:

  • Total (desde a publicación máis antiga).
  • Nos últimos 5 anos