- Accede a Google Scholar Metrics
- Verás unha lista das revistas con maior impacto segundo índice h5 (é dicir, o índice h calculado para os últimos 5 anos).
- Tes dúas opcións:
-
Explorar por idioma
- Na parte superior dereita selecciona a lingua das revistas que queres consultar.
- Verás unha lista de revistas nese idioma ordenadas polo índice h5.

Para cada revista listada, Google Scholar Metrics amosa:
- Índice h5 (citas nos últimos 5 anos)
- Mediana h5 (mediana das citas dos artigos incluídos no h5)
Para facer unha busca dunha revista en particular pincha sobre a lupa