Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Informes bibliométricos

Informes e estudos realizados pola Área de Servizos Bibliométricos da Universidade de Vigo

As publicacións científicas da Universidade de Vigo en Acceso Aberto. Semana do acceso aberto 2024

A Biblioteca da Universidade de Vigo participa na Semana Internacional do Acceso Aberto que se celebra do 21 ao 27 de outubro de 2024 en todo o mundo. Neste contexto, a Área de Servizos Bibliométricos achega un estudo sobre as publicacións científicas en acceso aberto producidas polo persoal investigador da Universidade de Vigo entre 2014 e 2023.