Presentamos neste documento información sobre as publicacións científicas da Universidade de Vigo, segundo os datos recollidos nas bases de datos bibliográficas Web of Science e Scopus. Mediante o emprego dos indicadores que nos ofrecen ambas bases de datos, especialmente Web of Science a través da súa ferramenta bibliométrica (InCites), amosamos a situación das publicacións asinadas por membros da nosa universidade en 2017, xunto coa súa evolución ao longo dos últimos dez anos.
