O 24 de setembro de 2021 a Universidade de Vigo celebra a Noite galega das persoas investigadoras (G-Night). A Biblioteca Universitaria, en colaboración coa Área de Astronomía e Astrofísica da universidade, participa neste evento cunha exposición e unha actividade de observación do ceo, que pretende achegar á cidadanía a investigación sobre astronomía que se desenvolve na nosa universidade. O estudo que presentamos forma parte desa actividade.
Ofrecemos datos das publicacións mundiais indexadas en Web of Science (WOS) na categoría de InCites Astronomy and Astrophysics. A continuación, datos das publicacións da Universidade de Vigo indexadas na colección Astronomy da base de datos SAO/NASA Astrophysics Data System (ADS): evolución no tempo, colaboración con institucións estranxeiras, temas nos que InCites clasifica esas publicacións e palabras máis empregadas nos títulos e nos resumos, porcentaxe de publicación en acceso aberto, títulos de revista máis frecuentes e impacto desas publicacións.