Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Licenzas Creative Commons

Como asignar unha licenza Creative Commons

O proceso para licenciar un traballo con Creative Commons é moi sinxelo:

  • Accede a Creative Commons License Chooser.
  • Segue os pasos que se indican para xerar a licenza adecuada. 
  • Cubre os datos do documento ao que queres asignar a licenza.
  • Elixe o tipo de obra (web, impreso) para consignar a licenza elixida no traballo.

Tamén podes descargar os logos e imaxes para marcar a túa obra na seguinte ligazón: Logos e imaxes.