Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Licenzas Creative Commons

Que son as Creative Commons?

As Creative Commons (CC) son licenzas de uso, universais e gratuítas, que todo autor/a pode aplicar ás súas obras de creación.

Mediante este tipo de licenzas, o autor/a e/ou titular de dereitos permite que outros usuarios/as poidan usar a súa obra de forma legal e gratuíta sen necesidade de solicitar permiso, pero baixo unhas condicións que son determinadas polo propio autor/a. En todo caso, o recoñecemento ao autor e á súa obra sempre é necesario.

As licenzas Creative Commons tamén se ven afectadas polas limitacións e excepcións contempladas na Lei de Propiedade Intelectal. Non son unha alternativa aos dereitos de autor, senón que se apoian nesta lexislación para fomentar o coñecemento aberto.

Por que empregar licenzas Creative Commons?

  • Declaras de forma simple e estandarizada que permisos dás a terceiros para usar o teu traballo.
  • Obtés unha maior difusión dos traballos ao estar en acceso aberto.
  • Axudas a loitar contra o plaxio.