Antes de elixir unha licenza:
- Pensa nas obrigas que teñas ou poidas ter nun futuro, tales como requisitos sobre o financiamento do proxecto, acordos editoriais e/ou limitacións impostas por unha institución. É importante ter en conta estas consideracións á hora de elixir a túa licenza.
- Le atentamente os termos e condicións que establece cada licenza. As dúas licenzas máis abertas son BY e BY SA, as restantes catro son máis restritivas.

Nesta infografía de REBIUN podes ver dun xeito gráfico como escoller as licenzas Creative Commons:

Infografía: "Pautas para a creación de licenzas Creative Commons" CRUE-REBIUN CC BY