Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Relacións internacionais

Guía de recursos de Relacións internacionais

Bases de datos bibliográficas

As bases de datos bibliográficas son potentes ferramentas para a investigación, xa que describen publicacións científicas como artigos de revistas, libros, actas de congresos etc., e proporcionan información científica contrastada, relevante e actualizada. Ademais, facilitan a localización de información precisa e exhaustiva ao proporcionar eficaces ferramentas de busca
A biblioteca selecciona e subscribe bases de datos de interese para o teu ámbito de estudo, tanto de carácter multidisciplinar como especializadas.

Algunhas bases de datos permiten acceder directamente ao texto completo das publicacións, cando non é así, podes comprobar se a Biblioteca Universitaria ofrece acceso ao texto completo premendo no botón  Botón Buscador Perseo

Botón de Perseo na Web of Science

Imaxe: Rexistro bibliográfico co botón de Perseo na base de datos Web of Science

Bases multidisciplinares

As bases de datos multidisciplinares son aquelas que abranguen varias disciplinas científicas, entre as máis importantes están:

Bases especializadas

As bases de datos especializadas recollen publicacións sobre unha área cientifica determinada, e a miúdo dispoñen dun tesauro.