Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Relacións internacionais

Guía de recursos de Relacións internacionais

Como buscar libros electrónicos en Perseo

Igual que no caso dos libros impresos temos dúas opcións de procura, a simple e a avanzada. Lembra que a busca avanzada é a indicada para realizar buscas máis precisas.

Introduce os termos na caixa de busca e escolle a opción "Recursos electrónicos”. 

A continuación na páxina de resultados filtra por "Tipo de recurso" e selecciona "Libros".

1. Marca a opción "Recursos electrónicos".
2. Nos filtros de busca escolle o campo (autor, tema, título etc.) e introduce os termos.
3. En "Tipo de materia" selecciona "Libros".

Coleccións destacadas de libros electrónicos

Tamén podes consultar os libros electrónicos subscritos pola Biblioteca a través das plataformas ou webs dos provedores e editores. Nelas podes ler en liña ou descargar unha parte ou a totalidade do libro, dependendo das condicións de uso. 
Para ver todas as coleccións consulta a listaxe de Recursos electrónicos A-Z e filtra en "Tipos" por Libros electrónicos (coleccións)
No ámbito das relacións internacionais destacamos as seguintes coleccións: