Portal da editorial Aranzadi que contén todo tipo de documentación xurídica: lexislación, xurisprudencia, documentación administrativa, convenios colectivos, formularios etc.
No caso da lexislación estatal proporciona o texto completo de todas as disposicións de carácter xeral publicadas no BOE dende 1978 e as máis relevantes dende 1930 (algunhas coa versión consolidada). Ademais, toda a lexislación autonómica desde os inicios.
Na xurisprudencia recolle todas as sentenzas do Tribunal Constitucional e do Tribunal Supremo dende 1979 e dende 2001 da Audiencia Nacional, Tribunais Superiores de Xustiza e Audiencias Provinciais, e unha selección dos anos anteriores e dos Tribunais de Primeira Instancia. Tamén recolle a xurisprudencia actual do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas.
Notas:
Portal que proporciona acceso ao Boletín Oficial do Estado (BOE), ao Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME) e á colección histórica da Gaceta (1661-1959). Ofrece acceso libre e gratuíto á súa biblioteca xurídica e con ligazóns a outros diarios oficiais autonómicos, provinciais e da Unión Europea.
Outras guías e titoriais: Videotitoriais
Portal xurídico da Unión Europea que permite consultar o Diario Oficial da Unión Europea así como acordos internacionais, lexislación e traballos preparatorios, xurisprudencia, documentos da Asociación Europea de Libre Comercio (AELC) etc.
Proporciona acceso á información estatística da Unión Europea.
Engloba estatísticas de organismos nacionais e internacionais coma o Banco Mundial, OCDE, FMI, UNIDO, Eurostat, Comisión Europea, US Federal Reserve Bank, Deutsche Bundesbank etc.
Biblioteca en liña da OCDE que ofrece acceso a libros, publicacións periódicas, documentos de traballo e estatísticas, así como as analises e datos da OCDE. A maioría dos contidos pódense ler en liña e os subscritos pódense descargar.
Recolle as teses de doutoramento lidas nas universidades españolas dende 1976.
A maior parte dos datos son referenciais, aínda que hai algúns textos completos.