Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Ciencia e tecnoloxía dos alimentos

Guía de recursos de ciencia e tecnoloxía dos alimentos

Estilos de cita

Os estilos bibliográficos son un conxunto de regras que axudan a organizar a información consultada. Definen que datos debes incluír ao citar, así como a orde e a tipografía na que aparecerán. A pesar de haber normas internacionais respecto diso, non hai un único estilo adoptado globalmente. Normalmente cada disciplina ten un estilo de cita.

No ámbito das ciencias non hai un único estilo de cita aceptado, e o emprego dun ou doutro dependerá de cada caso. Se estás a preparar o teu TFG, TFM ou tese, consulta co teu titor ou director que estilo debes empregar. 

Para saber como citar e elaborar bibliografías en cada un dos diferentes estilos podes consultar a seguinte biblioguía elaborada pola Biblioteca Universitaria de Vigo: