Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Acceso ás revistas e artigos científicos

Acceso a revistas

Perseo ten un "Buscador de revistas" que permite localizalas por título ou ISSN (International Standard Serial Number). Neste buscador podes localizar todas as revistas subscritas pola biblioteca, impresas e electrónicas:

buscador revistas Perseo

Na parte esquerda da pantalla atopamos as revistas clasificadas por categorías temáticas.

buscador revistas categorías Perseo

Na relación de resultados, preme no título que che interesa para comprobar a localización e a dispoñibilidade (Ver en liña, para a edición electrónica, Obter, para a edición en papel):

información completa revista

O buscador de revistas só permite buscar por título ou ISSN. Podes usar a busca avanzada se prefires usar outros campos de busca. Entra na busca avanzada e selecciona en "Tipo de material→Revistas científicas". Podes filtrar a procura por título da revista, autor/a, tema ou ISSN.

busca avanzada revistas Perseo