Existen algunhas ferramentas, plugins ou complementos que permiten localizar artigos en acceso gratuíto de xeito doado. Pódense instalar en navegadores coma Chrome ou Firefox e indican se existe algunha versión dun artigo dispoñible en acceso gratuíto, xa sexa porque estea nun repositorio, fose publicado en acceso aberto ou a editorial decidira ofrecelo en acceso gratuito.
Entre estes plugins destacan:
Instálase como extensión en navegadores e, ao visitar a páxina dun artigo, consulta automaticamente a súa base de datos para detectar versións en acceso aberto asociadas ao DOI. Podes descargalo na seguinte ligazón: https://unpaywall.org/. Cando Unpaywall detecta que o navegador está visualizando a referencia dun artigo, aparece no lado dereito o cadeado da extensión en cor verde ou gris. A cor verde indica que existe unha versión do artigo en acceso gratuíto e, premendo sobre el, podes acceder directamente ao documento.


Pódese instalar en Chrome e Firefox e identifícase porque se engade o seu símbolo na parte superior dereita do navegador. Podes buscar o artigo e, para ver se existe unha versión en aberto, premer nesa icona. Se prefires non descargar a extensión, podes realizar a consulta por DOI, título ou incluso a URL do artigo na súa páxina.


Extensión de Chrome que engade un botón ao navegador para acceder directamente a Google Académico desde calquera web.
Axuda a localizar versións PDF dispoñibles de artigos, combinando buscas en repositorios e outras fontes para ofrecer acceso inmediato cando existe unha versión libre. Podes descargalo na seguinte ligazón: https://kopernio.com/

Permite localizar e recuperar versións en acceso aberto dos artigos. Podes acceder na seguinte ligazón https://openalex.org/
Lazy Scholar
Esta extensión non só busca versións en acceso aberto, senón que tamén ofrece información adicional, como métricas de citación e enlaces a versións alternativas do documento. Podes acceder na seguinte ligazón: http://www.lazyscholar.org/