Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Acceso ás revistas e artigos científicos

Busca o artigo nun repositorio

Hai moitos artigos dispoñibles en repositorios institucionais, entre eles, os repositorios do Sistema Universitario Galego que albergan, difunden e preservan a produción científica do seu persoal investigador:

  • Investigo: repositorio institucional da Universidade de Vigo
  • Minerva: repositorio institucional da Universidade de Santiago de Compostela
  • RUC: Repositorio institucional da Universidade de A Coruña

Tamén podes consultar repositorios temáticos creados por un grupo de investigadores, unha institución etc. que reúnen documentos relacionados cunha área temática específica:

  • ArXiv: arquivo de acceso aberto para os campos de física, matemáticas, informática, bioloxía cuantitativa, finanzas cuantitativas, estatística, enxenaría etc.
  • BioRxiv: arquivo de prepublicacions en ciencias da vida.
  • CiteSeerX: biblioteca dixital e motor de busca de literatura científica principalmente sobre informática e ciencias da información.
  • Cogprints: repositorio con funcionalidades de autoarquivo de traballos de áreas como a psicoloxía, neurociencias, lingüística e informática (intelixencia artificial, robótica etc.)
  • PubMed Central: artigos publicados en revistas biométicas e de ciencias da vida.
  • RePEc (Research Papers in Economics): acceso a resultados de investigación en economía e ciencias afíns.
  • SSRN: preprints especializados sobre ciencias sociais (economía, dereito, humanidades...)

Ou en repositorios xeneralistas ou multidisciplinares, coma Zenodo

Provedores de servizos

Hai provedores de servizos ou agregadores que recolectan información de diferentes repositorios: 

  • Recolecta: é o agregador nacional de repositorios científicos de acceso aberto. Agrupa todas as infraestruturas dixitais españolas nas que se publican ou depositan resultados de investigación en acceso aberto.
  • Base (Bielefeld Academic Search Engine): contén máis de 400 millóns de rexistros de máis de 11.000 provedores de contido.
  • Dialnet: é unha base datos e un repositorio de literatura científica hispana que permite o acceso de forma libre e gratuíta ós documentos cando o editor ou autor/a o permiten.