O estilo Harvard segue un sistema de cita no texto de autor-data, é dicir, indícase o autor e ano de publicación.
Hai dúas posibilidades de facer a cita no texto:
a) Os apelidos do autor e o ano de publicación do documento van entre paréntese separados por coma:
A causa principal da crise é o sistema capitalista (Walker e Allen, 2004)...
b) O autor incorpórase ao texto formando parte da oración e non se repite dentro da paréntese:
Walker e Allen (2004) opinan que a causa principal da crise...
Ademais, sempre que se trate dunha cita textual indicarase tamén o número de páxina/s da parte concreta que citamos, e recoméndase no caso de citar información moi específica que aparece nun documento longo:
Ademais da pendente "A exposición da praia á ondada é tamén un factor substancial no ámbito da ecoloxía mariña xa que a exposición determina a estrutura e funcionamento da praia" (Araújo de Miguel, 2017, 13).
Como sinala Araújo de Miguel "La pendiente de la playa es por lo tanto, el resultado de los procesos erosivos o acrecionales. Así, el grado de exposición, dará cuenta de los procesos físicos que tienen lugar en el ambiente de una playa" (2017, 13).
Ata dous autores: nestes casos menciónanse os dous:
O mexilón é fundamental para entender o impacto dos plásticos nos organismos marinos (Hernández e Novoa, 2014) polo que ...
3 autores ou máis: menciónase só o primeiro autor seguido de et al.:
Nos últimos anos detectouse un incremento dos niveis de chumbo achados na pescada (Rodríguez et al., 2005)
Se citamos múltiples fontes de diferentes autores na mesma paréntese, sepáranse por punto e coma:
(Fontil, 2014; Petrakos, 2018)