Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo Harvard

A lista de referencias

Contén os datos de todas as fontes de información citadas no texto, e vai ao final do traballo. 
As referencias ordénanse alfabeticamente tendo en conta que:

  • Se se citan varias obras dun mesmo autor, ordénanse cronoloxicamente comezando pola máis antiga.
  • No caso de obras dun mesmo autor e ano distinguiranse incluíndo unha letra minúscula despois do ano, tanto na referencia como na cita no texto.
  • As referencias das publicacións individuais preceden as obras en colaboración cando comezan co nome da mesma persoa, aínda que a obra en colaboración se publicara con anterioridade.
  • No caso de traballos dun autor en colaboración con outros autores a orde virá indicada polo apelido do segundo autor ou terceiro (no caso de coindicir o segundo) e así sucesivamente, independentemente do ano de publicación.
  • Se un documento non ten autor, alfabetiza a primeira palabra da referencia (o título).