Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo Harvard

Elaboración de referencias: pautas xerais

A forma de redactar as referencias bibliográficas varía segundo o tipo de documento. Non obstante, todas as referencias constan de catro elementos: autor, data, título e fonte. 
Os datos do documento citado transcríbense na forma e idioma no que aparecen, pero tendo en conta que algúns elementos redactaranse na lingua empregada na redacción do noso traballo. Por exemplo, para introducir o enderezo electrónico utilizaremos: Dispoñible en / Disponible en / Available etc., segundo corresponda.  

Autores

  • Os autores escríbense comezando polos apelidos, despois unha coma e as iniciais do nome seguidas de punto:

Martínez Carballo, M.L.

  • Se o documento ten máis de dous autores sepáraranse mediante comas, e o último vai precedido dunha "e" ( "y", "and" segundo a lingua na que redactemos o documento).:

Queiruga-Dios, M.A., López-Iñesta, E., Diez-Ojeda, M., Sáiz-Manzanares, M.C. e Dorrío, J.B.

  • Se o documento non ten autor persoal nin corporativo, ponse o título no seu lugar.

Títulos

  • Os títulos de libros, revistas e sitios web van en  cursiva.
  • Os títulos das revistas levan en maiúscula a primeira letra de cada palabra principal.:

Microbial Ecology 

Recursos electrónicos 

  • Aos recursos en liña engádese o enderezo web e a data na que se consultou a fonte, coa estrutura:

Dispoñible en http://www.www.www [consultado día mes ano].

  • A data pode ir precedida dos termos "Data de acceso", "Accesso", "Consultado" etc., e indicarase cos formatos 23 de abril de 2021 ou 23/4/2021, por exemplo. O estilo que escollamos haberá que mantelo en toda a listaxe de referencias.