Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo Harvard

Referencias de libros

Apelidos, Iniciais autor (Ano de publicación) Título do libro en cursiva, Nº ed. (só se non é a 1ª). Lugar de publicación: Editorial.

Exemplos:

González Reino, W.J. (2009) Evolucionismo: Darwin y enfoques actuales. A Coruña: Netbiblio.

Randall, D.J. (1998) Eckert fisiología animal: mecanismos y adaptaciones, 4ª ed. Madrid: McGraw-Hill.

Apelidos, Iniciais autor (Ano de publicación) Título do libro en cursiva [libro electrónico], Nº ed. (só se non é a 1ª). Lugar de publicación: Editorial. Dispoñible en http://www.www.www [consultado día mes ano].


Exemplo:

Jackson, L.M. (2019) The psychology of prejudice: From attitudes to social action [libro electrónico], 2ª ed. Washington: American Psychological Association. Dispoñible en https://doi.org/10.1037/0000168-000 [consultado 22 de abril 2021].