O acceso, á base de datos QMemento subscrita pola Universidade de Vigo, atópalo na relación de Recursos electrónicos A/Z, á que podes chegar por diferentes vías:


A consulta de QMemento, igual que o resto dos recursos subscritos pola biblioteca da Universidade de Vigo, só está permitida ás persoas que forman parte da comunidade universitaria. Cando realizas a consulta desde un ordenador conectado á rede da universidade, o acceso a QMemento é directo, non require ningunha identificación. Se queres consultar este recurso electrónico dende fóra da Universidade de Vigo, tes que identificarte configurando o proxy no teu navegador seguindo estas instrucións.
Consulta máis información sobre os distintos sistemas de acceso aos recursos electrónicos na biblioguía Acceso aos recursos-e desde fóra da UVigo.