Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Mementos Francis Lefebvre

Resultados

Cando fas unha busca dentro do memento, verás unha pantalla de resultados coma esta:

Ten dúas partes ben diferenciadas: 
Na parte esquerda, unha serie de ventás que permiten aplicar distintos filtros aos resultados.

Mis filtros” recolle os sucesivos filtros que vaias establecendo e que podes borrar en calquera momento, premendo na aspa.  

Afinar por términos” permite seleccionar termos incluídos nalgún dos marxinais obtidos como resultado da busca. 

Buscar en resultados” permite buscar outros termos dentro deses resultados ou, no menú inferior, limitar por partes, capítulos e seccións concretas do memento. 

Na parte central sitúase a relación de resultados. Podes gardar os resultados de 3 formas: descargalos, envialos e imprimilos. Para iso, preme na icona en forma de 3 puntos    na parte superior dereita. Podes aplicar estas funcións a todos os resultados ou de forma individual a cada un deles.