A páxina de inicio de QMemento contén:
- A parte superior ou cabeceira, sempre visible, con dous elementos importantes: o nome da institución que subscribe o produto, Universidade de Vigo, no que debes premer para pechar a sesión correctamente e non bloquear o acceso a outras persoas; e a icona da axuda, que leva ás preguntas frecuentes e aos manuais e vídeos actualizados.
- A caixa de busca xeral, que permite buscar en todos os produtos contratados.
- Un menú de navegación na esquerda, cunha pestana de inicio que se abre por defecto ao acceder á plataforma. As pestanas Mementos, Xurisprudencia, Doutrina Administrativa, Lexislación e Formularios permiten facer buscas nesas tipoloxías documentais. A pestana Actum recolle as actualizacións dos mementos contratados e a pestana Biblioteca proporciona acceso á revista Actum, artigos doutrinais e a infografías.
