En Scopus, cada persoa pode editar o seu perfil ou fusionalo con outros no caso de que teña as súas publicacións dispersas en perfís de autor/a diferentes. Isto ocorre porque, no momento en que Scopus carga unha nova publicación, se non detecta que xa ten rexistrada unha persoa, crea un novo perfil de autor/a para ela.
Ter en Scopus as publicacións dispersas en varios perfís diferentes afecta directamente ao cálculo dos indicadores bibliométricos vinculados a unha persoa e á visibilidade e identificación das publciacións.
Se as túas publicacións están dispersas en perfís de autor/a diferentes, podes solicitar a Scopus a súa agrupación, de dous xeitos diferentes: desde a páxina de resultados de busca de autor/a, ou desde un dos teus perfís de autor/a.
Tanto para solicitar a fusión de perfís de autor/a como para editar o teu perfil, o primeiro que debes facer é identificarte en Scopus. Na parte superior dereita da pantalla, preme en "Sing in" e identifícate usando a opción "Sign in via your organization" (selecciona a Universidade de Vigo e identifícate no sistema de autenticación da UVigo para acceder):

Saberás que estás correctamente identificada/o en Scopus, cando na parte superior dereita da pantalla aparezan as túas iniciais:

Todos os procesos de solicitude de fusión de perfís requiren un tempo de comprobación polo persoal de soporte de Scopus. Unha vez enviada a solicitude de fusión, recibirás a confirmación do envío cun número de incidencia asociado. Cando a resolvan, recibirás unha mensaxe de correo electrónico. Os cambios non son inmediatos e só aparecerán cando Scopus acabe de facer todas as comprobacións e proceda á fusión dos perfís.
