Podes actualizar o teu rexistro ORCID coas túas publicacións indexadas en Scopus. Entra na web de ORCID https//orcid.org e inicia sesión. No apartado "Obras" do teu rexistro ORCID preme en “+Agregar - Buscar y enlazar”.

No apartado "Vincular trabajos" selecciona "Scopus-Elsevier".

A continuación, na seguinte pantalla, preme en "Autorizar el acceso" para permitirlle a Scopus o acceso ao teu perfil ORCID.

Sigue os pasos do asistente para buscar e seleccionar o teu perfil ou perfís de autor/a en Scopus, revisar a túas publicacións etc. As túas publicacións en Scopus poden estar distribuídas en varios perfís de autor/a diferentes, polo que debes buscar o teu nome de todos os xeitos posibles, se é que non tes feito previamente o traballo de unificar perfís en Scopus.
1. "Select profiles": selecciona o teu perfil ou perfís de autor/a en Scopus.

2. "Select profile name": escolle, dentro das variantes que amosa Scopus, o nome preferido para o perfil en Scopus.

3. "Review publications": revisa as publicacións e escolle as que queiras engadir.

4. "Review profile": revisa os datos do teu perfil en Scopus. Se realizas cambios, estes envíanse a Scopus para que os actualice na base de datos.
5. "Send Author ID" introduce o teu correo electrónico e preme en "Send Author ID" para enviar o Scopus Author ID a ORCID. Aparecerá no apartado "Otras ID" do teu perfil de ORCID.

6. "Send publications": as túas publicacións indexadas en Scopus engadiranse de forma automática ao teu perfil ORCID. Preme en "Send my publication list" para finalizar.

As publicacións importadas de Scopus aparecerán de forma inmediata no rexistro de ORCID coa indicación "vía Scopus-Elsevier". Para facelas visibles tes que marcalas como públicas.

Ten en conta que cada vez que Scopus engada un traballo da túa autoría, deberás repetir este proceso para actualizar o teu perfil de ORCID.