Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Scopus Author ID e perfil de autor/a

Fusionar perfís desde unha busca de autor/a

Unha vez que estás identificada/o en Scopus, busca o teu nome na pestana "Authors":

Atoparás varios resultados, que poden referirse á mesma persoa, ou a outras con nomes similares. Selecciona todas as formas que se refiran ao teu nome e preme en "Request to mergue authors".

Aparece a seguinte mensaxe para que confirmes que é o teu perfil o que vas reclamar.

A continuación, ábrese o asistente de Scopus "Author Feedback Wizard" no que podes elexir a variante principal do nome de investigador/a e a afiliación institucional, revisar os documentos asociados, engadir os preprints e engadir a financiación ou subvencións concedidas etc.

No apartado "Preferred Name" selecciona no menú despregable o formato de nome que queres utilizar. Scopus ofrece todas as variantes que recollen os distintos perfís. É importante elexir un nome que te diferencie doutros/as investigadores/as con nome similar. Consulta a nosa guía Autoría, sinatura científica e perfil investigador para obter axuda sobre como escoller a opción máis axeitada.

Na parte dereita, confirma a filiación institucional na pestana "Current organization". Se é correcta, non a cambies.